Entradas

ENTREGA DE DIPLOMAS!!

Imagen
  ENTEGA DE DIPLOMAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A continuación móstranse unhas cantas fotografías da entrega de diplomas para todo o alumnado participante no Club de Ciencias da etapa de Primaria, como símbolo de ter adquiridas as competencias aportadas polo club nesta edición.

INAUGURACIÓN DA AULA STEM DO CPI AS REVOLTAS

Imagen
INAUGURACIÓN DA AULA STEM DO CPI AS REVOLTAS    Dende o departamento de Matemáticas e coa colaboración do alumnado de 4º ESO do itinerario de Ciencias Aplicadas, creouse unha aula STEM no centro, como lugar de exposición, consulta e uso de todo o material didáctico, como por exemplo: libros; xogos; instrumentos de cálculo e medidas; tangrams; instrumentos de ensinanza antigos como máquinas de escribir, proxectores de diapositivas, etc. Todo o anterior,  relacionados coas ciencias, as matemáticas e a tecnoloxía. Hai material adaptado a todas as etapas educativas do centro, desde Educación Infantil ata Educación Secundaria.  

ACIDIFICACIÓN DE MARES E OCÉANOS

Imagen
Nesta ocasión, o alumnado de secundaria experimentou as consecuencias negativas da proliferación de gases contaminantes coma o caso do CO2 para a fauna mariña. Así, seguiron o seguinte guión de prácticas para comprobar como varía o pH da auga ao disolverse nela dito gas. Como ocorre en numerosas ocasións dentro dun laboratorio, tiveron que buscar unha opción alternativa para desenvolver o experimento, pois do xeito inicial, tal e como lles describía o guión, non lles saía moi ben, ao escaparlles bastante gas pola fendedura saínte do vaso de precipitados. Así, foron quen de deseñar un método similar empregando globos e celo para evitar ao máximo ditas perdas gaseosas. ACIDIFICACIÓN DE MARES E OCÉANOS Reactivos -         Auga -         Vinagre (ácido acético, CH 3 COOH) -         Bicarbonato (NaHCO 3 ) -         Indicador de pH (azul de bromotimol) Materiais -         Un vaso de plástico pequeno. -         Un vaso de precipitados de tamaño maior ao anterior.

APAGUEMOS O LUME!

Imagen
   Esta sesión do Club xurdíronnos dúbidas de química, e... mans a obra para respondelas! As preguntas que nos formulamos foron: Como podemos apagar o lume? Sen osíxeno hai combustión?    No referente a segunda pregunta, pois non. A combustión ao igual ca nós precisa de osíxeno do aire, polo tanto, se tapamos unha candea cun vaso, esta consome o osíxeno e apágase. Ademais no noso experimento colocamos a candea sobre un prato con auga, e que sucedeu? Que a auga subiu, porque ao consumirse o osíxeno a presión atmosférica do exterior, que é maior ca do interior, empurra a auga cara dentro do vaso.       Para responder á segunda pregunta, como apagar o lume, elaboramos o noso propio extintor. Onde empregamos : Bicarbonato sódico colocado nun pano de papel Plastilina Un canutillo para beber Unha botella de auga de litro e medio Vinagre Un pouco de fio de coser    Procedemento :    Poñer 4 cullaradas pequenas de bicarbonato no pano, pechalo e amarralo co fí

CALIDOSCOPIO

Imagen
No mes de marzo, fixemos un calidoscopio. Este funciona a través dun tubo con espellos no interior; nun dos extremos colócanse contas de cores e cristal, e na base extrema cuberta deixando soamente un pequeno visor.  Ó m irar a contraluz polo visor, hai un bonito efecto óptico, onde se reflexa infinitamente, nos espellos, o que se está vendo, dando lugar a formas e cores divertidas. Realmente, o que observamos é unha proxección ilusoria multicor, xerada a partir da reflexión da luz e o movemento do obxecto. O material do noso calidoscopio foi adaptado para nenos, non empregamos espellos nin cristais, este foi substituído por outro material, pero obtivemos un experimento de física, un xoguete e a experiencia de xogar coa luz e cores. O material empregado para facelo foi: Tubo de cartón Plástico Papel vexetal Contas de cores Procedemento:  Tapamos un extremo do tubo con cartolina, cun pequeno furado no centro, para ver o interior (o visor) Fixemos un prisma triang